Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión con data do 4 de xuño de 2001, o proxecto denominado ordenación e urbanización da ampliación do cemiterio municipal de Mañó-Redondela, mediante este anuncio e de conformidade co previsto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia (Lei 1/1997, do 24 de marzo) sométese a información pública polo prazo dun mes, co obxecto de que se realicen durante o dito prazo as alegacións, observacións ou suxestións que se consideren oportunas.

Redondela, 4 de xuño de 2001.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde