Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

O concello, na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o día 30-5-2001, tomou coñecemento do avance do Plan xeral de ordenación do concello da Laracha, redactado por Monteoliva Arquitectura, S.L.

De conformidade co disposto no aritgo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, dentro deste período de tempo as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Lugar de exposición: planta baixa do edificio de servicios múltiples. Avda. Dr. López Astray, Torás.

Horario: de 9 a 14 horas.

A Laracha, 31 de maio de 2001.

José Manuel López Varela

Alcalde