Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de maquinaria con destino á Escola de Artes Gráficas do Colexio Calvo Sotelo (curso de operario de imprenta rápida e manipulados, incluído no programa de garantía social 2001/2002). (Expediente 01/3828 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de maquinaria con destino á Escola de Artes Gráficas do Colexio Calvo Sotelo.

Lugar de entrega e instalación: Deputación Provincial da Coruña.

Plazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 7.120.393 pesetas 42.794,42 euros, desagregado en 10 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5º 15003 A Coruña, teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación en BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 4 de xuño de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña