No Xulgado do Contencioso-Administrativo número duos de Pontevedra tramítase o recurso número 94/2001-C (procedemento abreviado) interposto por Rafael Iglesias García, na súa condición de secretario comarcal da Confederación Intersindical Galega, coa pretensión de que se declare nula a convocatoria do 27 de setembro de 2000, do xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, destinada a reorganizar determinados servicios como consecuencia do plan funcional do complexo.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan constituírse en parte no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División
de Recursos Humanos