Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.875

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2001, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, dous postos de traballo do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de sistemas e tecnoloxías da información, vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocadas pola Orde do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro), pola que se anula unha pregunta do primeiro exercicio.

Detectado erro na pregunta nº 60 correspondente ó primeiro exercicio, que podería condicionar de maneira importante a súa contestación e para garantir que na dita proba se poñan de manifesto, en todo caso, as condicións de coñecemento e aptitude dos aspirantes, como esixe a normativa vixente, o dito tribunal acorda declarar anulada e ter como non posta a pregunta anteriormente indicada.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2001.

Ignacio José Otero López

Presidente do tribunal