Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Concepción Fernández Costa.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres de Pontevedra tramítase o recurso número 35/2001 (procedemento abreviado) interposto por Concepción Fernández Costa na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, aspirante da categoría de ATS/DUE excluída do proceso, pretende a súa inclusión na relación de aspirantes seleccionados (quenda de promoción interna; subsidiariamente, quenda libre).

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan constituírse en parte no xulgado

como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División

de Recursos Humanos