Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.874

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se emprazan as partes interesadas en diversos recursos contencioso-administrativos.

Resolución do 1 de xuño de 2001, do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se emprazan as partes interesadas nos recursos contencioso-administrativos que se relacionan no anexo que se xunta, interpostos contra as resolucións da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 10 de novembro de 2000, polas que se resolven tódolos recursos de alzada interpostos contra a Resolución do 16 de decembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se facía pública a lista definitiva de adxudicatarios, puntuacións e oficinas de farmacia adxudicadas no concurso público convocado por Resolución do 20 de xaneiro de 1998.

O que se notifica para o xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos que se tramitan ante a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2001.

Manuel A. Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais

ANEXO

Nº de recursoRecorrentes

02/0004046/2001Agustín Lorca Codina e outros

02/0004145/2001Francisco Javier Villar López

02/0004047/2001José A. Vázquez Taboada e outros

02/0004424/2001Carlos Martín Valentín e outros