Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 14 de maio de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de xestión número 17 (UX-17) do Plan Xeral de Ordenación Urbana (igrexa de Vidán), promovido por Contrafolla e Rella, S.L.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo