Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello de Sarria, e de acordo co prego de cláusulas económico-administrativas aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do 27 de marzo de 2001, convoca a seguinte licitación, sometida á condición suspensiva da firmeza do expediente de modificación de créditos aprobado inicialmente polo Concello Pleno en sesión do 29 de marzo de 2001:

Denominación: a contratación de pólizas de seguro do Concello de Sarria.

Prazo de duración: 1 ano, prorrogable.

Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma: concurso.

Orzamento de licitación: 8.556.000 pesetas (51.423 euros) dividido en tres lotes:

Lote I. Seguro de danos materiais: 1.850.000 pesetas (11.118,72 euros).

Lote II. Seguro de responsabilidade civil patrimonial: 2.500.000 pesetas (15.025,30 euros).

Lote III. Seguro de flota de automóbiles: 4.206.000 pesetas (25.278,57 euros).

Garantía: provisional: 171.120 pesetas (1.028,45 euros); definitiva: 342.240 pesetas (2.056,90 euros).

Presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da licitación no DOG.

Apertura de plicas: ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información: Concello de Sarria, rúa Maior, 14, Sarria; tlf.: 982 53 50 00; fax: 982 53 09 16.

Gastos: os gastos do anuncio serán por conta do adxudicatario.

Anuncio extenso: publicouse no BOP de Lugo do 5 de abril de 2001.

Sarria, 8 de maio de 2001.

O alcalde

Rubricado