Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia faise público que por resolución da alcaldía con data do 4 de xuño de 2001 foi aprobado inicialmente o proxecto de urbanización presentado por Os Molineros, S.L. e J. Solloso e Hijos, C.B. para un tramo duns 50 m liñais aproximadamente da vía 1-2 do PXOU comprendido entre a estrada de Vilaselán en dirección á praza de San Roque.

Durante o prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren convenientes.

Ribadeo, 4 de xuño de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde