Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión realizada o día 29 de maio de 2001, acordou aprobar definitivamente o texto refundido do estudio de detalle, promovido por Inmobiliaria Urbis, S.A., sito no polígono 4, visado o 27 de abril de 2001 e redactado polos arquitectos José L. Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez.

O que se fai público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, e artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que puidese interpor calquera outro recurso que se considere conveniente.

Poio, 4 de xuño de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde