Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Faladoira. (Expediente IN661A 99/21-1).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Made Energías Renovables, S.A. (actualmente Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.) con enderezo para efectos de notificacións na rúa do Castiñeiriño, 12-3º A, C.P. 15702 Santiago de Compostela, sobre a utilidade pública das instalacións do parque eólico denominado Faladoira, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-O 25-2-2000, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación da empresa Made Energías Renovables, S.A., solicitou a declaración de utilidade pública, do parque eólico denominado Faladoira, de 24,42 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto na disposición transitoria décimo terceira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por acordo da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 16-3-2000, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966 e 2619/1966, xa mencionados, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: no diario El Ideal Gallego do 3-4-2000, DOG do 4 de abril, no BOP da Coruña do 5 de abril e no taboleiro de anuncios dos concellos de Or-

tigueira e Mañón e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Terceiro.-O 29 de decembro do 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Fátima Ojea Barcón, actuando en representación dos propietarios do monte da Faladoira alega, que no parcelario existen erros na titularidade dos predios.

2. Cayetano Fernández Fraga, José A. Fernández González e Armando González Rico, alegan ser titulares duns predios que no parcelario foron asignados ó concello de Ortigueira.

3. Manuela Olga Balseiro Bouza, Juan A. González Sierra, Julia Silvina Dionisia Pérez Carrodeguas e herdeiros de Guillermina Hermida Rodríguez, alegan ser titulares dunha serie de predios.

4. Dolores Isolina Baamonde Paz e Manuel Gómez Rivera manifestan ser titulares das parcelas nº 17 e nº18 respectivamente, que non se xustifica a área de afección e expoñen os prexuízos ambientais que xera para a zona o citado parque.

5. Antonio Rey Blanco como representante da comunidade de montes veciñais en man común de Grañas do Sor, en relación co predio nº 59 do parcelario, reclama a prevalencia do monte veciñal sobre a instalación do parque eólico e os prexuízos ambientais económicos e turísticos que a instalación do parque implicaría.

6. Fernando Molina Rodríguez, Manuel Ramudo Seijo e David Sanjurjo Hermida manifestan ser titulares duns predios que no plano parcelario aparecen a nome do concello de Ortigueira.

Cuarto.-O 24 de xaneiro de 2001, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

FaladoiraOrtigueira e MañónXY

1596.0004.829.200

2597.6744.829.326

3600.0004.828.250

4600.0004.827.000

5599.3004.826.000

6597.8004.826.000

7597.0004.826.400

8596.5004.827.400

9596.0004.827.400

Características técnicas do parque:

Nº de aeroxeradores: 37.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 Kw.

Xeradores: MADE AE-46/I.

Potencia total instalada: 24,42 MW.

Producción anual estimada: 64.489 MWh/ano.

Investimento previsto: 3.545.363.634 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-37 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transporte de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación de aeroxeradores.

-Liñas subterráneas de interconexión e comunicación e centro de distribución.

Quinto.-Con data 27-2-2001, María Manuela Olga Balseiro Bouza, José A. Fernández González, Juan Antonio González Sierra, Armando González Pico e Cayetano Fernández Fraga interpuxeron recurso de alzada en contra da resolución da Dirección Xeral de Industria, pola que autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Faladoira. Os citados recursos foron desestimados por resolución da Consellería de Industria e Comercio de data 21-5-2001.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das citadas parcelas, por non seren obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

2. Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que será no levantamento de actas, acto que será convenientemente notificado, o momento

no que pode demostra-la súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

3. Con respecto ás alegacións relativas á imprecisión na localización e grao de afección dos predios incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico, a dita información foi incluída na súa totalidade na notificación individual que recibiu cada particular afectado, ademais de encontrarse ó dispor dos alegantes nos concellos de Mañón e Ortigueira e na Delegación Provincial de Industria da Coruña, para a súa consulta e exposición pública.

4. En relación coa alegación formulada por Antonio Rey Blanco como representante da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Grañas do Sor en relación co predio nº 59 do parcelario cabe dicir que non se pode estudia-la posibilidade de prevalencia dunha instalación sobre outra, ata que se declare a utilidade pública da dita instalación.

5. As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e contempladas na declaración de efectos ambientais do citado parque.

Terceiro.-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

Cumpridos os trámites establecidos nos artigos 9, 10 e 11 do Decreto 2619/1966 que aproba o regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sanción en materia das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruído para o efecto.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Faladoira, nos municipios de Ortigueira e Mañón (A Coruña), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido non artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, non prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207,

do 26 de outubro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio