Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilarmaior.

2. Obxecto do contrato: restauración da igrexa parroquial de Sta. María de Doroña.

3. Prazo de execución: catro meses.

4. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

Tramitación: urxente.

5. Orzamento base de licitación: 9.935.000 pesetas (co IVE), 59.710,55 euros.

6. Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas (BOE do 4 de abril de 2001).

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas.

8. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, agás sábados.

b) Hora: ás trece horas.

9. Gastos de anuncios:

Os gastos deste anuncio serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vilarmaior, 31 de maio de 2001.

José Benito Souto Lourido

Alcalde-presidente