Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación de subministración de máquinas fotocopiadoras con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 01/3468 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de máquinas fotocopiadoras con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento:

Descrición: fotocopiadoras.

Uds.: 2.

Orzamento unitario: 1.500.000.

Orzamento total pesetas: 3.000.000.

Para deducir: valoración bens usados: 40.000.

Orzamento total pesetas: 2.960.000.

Orzamento total euros: 17.789,96.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Tel. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 30 de maio de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña