Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO de aprobación inicial do estudio de detalle presentado por Solvida Sanxenxo, S.L. e Marcelo Radío Esperón, para modificación de aliñacións en soares situados na rúa Progreso, esquina á dos Cesteiros da vila de Sanxenxo.

A Comisión de Goberno deste Concello, en sesión realizada o día 17 de abril de 2001, acordou prestar aprobación inicial ó estudio de detalle presentado por Solvida Sanxenxo, S.L. e Marcelo Radio Esperón, para modificación das aliñacións de dous soares propiedade dos solicitantes, sitos na vila de Sanxenxo, na confluencia da rúa Progreso e rúa dos Cesteiros.

Exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contados a partir do día seguinte a aquel en que sexa publicado o anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que quen se con

sidere prexudicado ou afectado poida formula-las alegacións que coide procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º do Regulamento de planeamento urbanístico, suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sanxenxo, 27 de abril de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde