Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de 25 de maio de 2001 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana e do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica na Rúa Valle Inclán.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 6 de abril de 2001, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana e do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica na Rúa de Valle Inclán.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 117, o día 24 de maio de 2001, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2001.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde