Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

EDICTO.

No BOP de Lugo número 94, de data 25 de abril de 2001, publicáronse integramente as bases para a provisión dunha praza de conserxe de edificios municipais, da escala de Administración xeral, subescala subalternos, vacante no cadro de persoal deste concello e incluída na oferta de emprego público correspondente ó ano 2000.

De conformidade co establecido no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria será de 20 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no

taboleiro de anuncios do concello segundo corresponda.

O Páramo, 26 de abril de 2001.

Gumersindo A. Rodríguez Liz

Alcalde-presidente