Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de maio de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-2-CD/68, conta 1158 e tres máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968 de 24 de xullo , notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó corrente das súas obrigas, ou compareceren na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 3 de maio de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Emilia Martínez Bogo e herdeiros.

Expte. C-2-CD/68 (desafiuzamento F.P. 14/01).

Conta: 1158.

r/ Cádiz, bloque 17, P-2, 1º D, Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 196.183 pesetas.

Mª Luisa García González e herdeiros.

Expte. C-2-CD/68 (desafiuzamento F.P. 16/01).

Conta: 1230.

Avda. Castelao, bloque 17, P-5, 6º esq. Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 84.083 pesetas.

Elvira Leiros García e herdeiros.

Expte. C-2-CD/68 (desafiuzamento F.P. 21/01).

Conta: 1368.

r/ Armada Española, bloque 18, P-6, 7º esq., Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda. 181.628 pesetas.

Jaime Galán Fernández e herdeiros.

Expte. C-2-CD/68 (desafiuzamento F.P. 22/01).

Conta: 1386.

r/ Armada Española, bloque 18, P-10, baixo D, Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 211.478 pesetas.