Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de lanzamento da vivenda do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título D.OU-08/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de lanzamento da vivenda do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

A interesada poderá proceder voluntariamente ó desaloxo da vivenda que ocupa nun prazo de 15 días, e facer entrega das chaves dela na Área Provincial do IGVS de Ourense, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, baixo, de Ourense. Noutro caso, solicitarase autorización xudicial de entrada no seu domicilio para proceder á execución forzosa do lanzamento acordado, conforme o disposto no artigo 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAP e do PAC, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e artigo 91.2º da Lei orgánica do poder xudicial.

O que se lle notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Ourense, 18 de maio de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

-Expediente nº D.OU-08/00 (ocupación sen título).

Ocupante: Teresa Montoya Escudero.

Enderezo coñecido: Grupo 1º de Maio, bl. XIV, 3º dta. 32600 Verín.

Feitos imputados: ocupación dunha vivenda de protección oficial; promoción pública do expediente OR-82/030, sen título legal.