Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.
Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este servicio provincial do IGVS, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo, darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.
Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 3 de maio de 2001.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa de Área provincial da Coruña
ANEXO
Nº expediente de desafiuzamento: 45/01.
Expedientado: Ricardo Noval Romero e herdeiros.
Último domicilio coñecido: Rúa do Ameneiro nº 3, 2º esq. Sta. Mariña (Ferrol)
(Expte. C-81, conta 192).