Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselles ós interesados cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascende á cantidade que se sinala. Fáiselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten sen pagar, e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparecen na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

Advírteselles que, en caso contrario, se procederá a insta-la resolución dos seus contratos e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicala posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 30 de abril de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto

Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

-José Sánchez Prieto.

Expediente: OU-80/080.

Conta nº 10.

Enderezo: Grupo Valdegodos, bloque A, 2º D. Vilamartín de Valdeorras.

Importe da débeda: 1.974.805 pesetas.

-Margarita Santos Macías.

Expediente: OU-80/080.

Conta nº 37.

Enderezo: Grupo Valdegodos, bloque D, 1º I. Vilamartín de Valdeorras.

Importe da débeda: 2.278.654 pesetas.