Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de residuos sólidos urbanos do Porriño (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU do Porriño (Pontevedra).

2.2. Prazo de execución: cinco (5) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trescentos sesenta e seis millóns cento trinta e unha mil setecentas oito (366.131.708) pesetas IVE (IVE incluido) (2.200.495,88 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: sete millóns trescentas vintedúas mil seiscentas trinta e catro (7.322.634) pesetas (44.009,92 euros).

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: catorce millóns seiscentas corenta e cinco mil duascentas sesenta e oito (14.645.268) pesetas (88.019,84 euros).

7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría F.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina de Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 452.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: nome do concurso.

-Nome da empresa

-Nº de teléfono.

8.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: as 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación deste resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b. Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

10. Apertura das ofertas.

a. Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b. Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c. Localidade: Santiago de Compostela.

d. Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e. Hora: as 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente