Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de adaptación do aproveitamento hidroeléctrico no río Rodil, concello de Ribeira de Piquín (Lugo) e promovido por Faustino Pardo Gómez.

En cumprimento do disposto no artigo 2º, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, do órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de adaptación de aproveitamento hidroeléctrico no río Rodil.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

-Concello de Ribeira de Piquín.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contandos a partir do seguinte ó da a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental