Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente C-82/2000, incoado por infracción da Lei de caza e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza en Galicia (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións considere pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 23 de abril de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: C-82/2000.

Denunciado: Juan Antonio Prieto Requejo.

DNI: 34.944.087.

Enderezo: Cambela-O Bolo-Ourense.

Feito denunciado: estar en posesión de munición non permitida (tres cartuchos de bala), para a modalidade de caza que está a practicar (caza menor).

Feitos constatados o día 19-11-2000, ás 16.30 h no couto Cereixido-Fiais, LU-10252, Serra de Arterxiña, Quiroga-Lugo.

Precepto sancionador: 57.23º da Lei 4/1997, de caza en Galicia.

Cualificación da sanción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.