Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Organización de Autónomos y Profesionales de la Comarca de O Salnés (OAP).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos y Profesionales de la Comarca de O Salnés (OAP), que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: comarcal.

Profesional: organizacións ou asociacións de autónomos-empresa, integrados en tódolos gremios, oficios, etc., e tódolos que realicen un traballo por conta propia ou exerzan a súa actividade profesional na comarca do Salnés.

Asinan a acta de constitución José Conde García e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 10 de maio de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra