Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador ES/43-99/FO (conservación do litoral-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente por infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción farase efectivo dentro do prazo que sinala o artigo 20 do Regulamento de recadación. As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. As notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior e desde que sexa firme a resolución en vía administrativa, na conta 3110001181 de Caixa Galicia (2091), clave (90), oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Lugo, 4 de abril de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: ES/43-1999/FO.

Denunciado: Manuel Ángel Vázquez Teijeiro.

Enderezo: rúa O Río, 12; 27880 Burela-Lugo

DNI: 33.834.757.

Feitos denunciados: construcción de teito con tella vermella e obras de recrecemento de muro para cerrume de predio, así como revestimento con pedra irregular dos paramentos verticais da edificación.

Lugar: zona de servidume de protección da praia de Llas, termo municipal de Foz.

Precepto infrinxido: os feitos que se imputan atópanse tipificados como infracción, conforme a Lei de costas, no seu artigo 90 c) da mesma y 174 c) do seu regulamento, sendo cualificada como grave nos artigos 91.2º e) e 175.2º e) das devanditas normas e sancionándose os infractores con multa do 25 por 100 do valor das obras realizadas, artigo 97.1º b) da lei e 183 b) en relación co 184 f) do regulamento.

Data do acordo da resolución: 4-4-2001.

Resolución:

1º Impoñerlle a Manuel Ángel Vázquez Teijeiro unha sanción de vintetrés mil cento trece (23.113) pesetas, pola construcción de teito con tella vermella e obras de recrecemento de muro para cerrume de predio, así como o revestimento con pedra irregular dos paramentos verticais da edificación, sen a preceptiva autorización da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo.

2º Ordenarlle a Manuel Ángel Vázquez Teijeiro que proceda á restitución das cousas e á súa reposición ó estado anterior da comisión da infracción, para o que se sinala un prazo de dous meses a partir da notificación da resolución, significándolle que, se non o fixese, se procederá por esta delegación á imposición de multas coercitivas ou á execución subsidiaria a conta do infractor, conforme sinalan os artigos 107.3º e 107.4º de la Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas.