Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do acordo do 14 de agosto de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Nuevo Confurco II 2660.1.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a dele

gada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 16-6-2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Nuevo Confurco II nº 2660.1, sita en terreos do termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, promovido por Granitos Fernández Contreras, S.A..

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 1,865 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 2 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 10' 20'' 42º 10' 40'' norte, e polos meridianos 8º 33' 40'', 8º 34' 20'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Nuevo Confurco II nº 2660.1, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 7 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra