Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Cillarga 2668.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria y Comercio en Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria do 19-12-2000, se outorgou a Gravas e Áridos do Louro, S.L., a concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Cillarga nº 2668, de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Ponteareas e Mos, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 34' 40''42º 12' 20''

28º 34' 00''42º 12' 20''

38º 34' 00''42º 12' 00''

48º 34' 20''42º 12' 00''

58º 34' 20''42º 11' 40''

68º 34' 40''42º 11' 40''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 20 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra