Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.654

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 131/2001, do 25 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de accesos peóns e preparación das zonas verdes no parque periurbano do Rato-A Fervedoira (obras complementarias ás do ramal de enlace da C-630 coa N-VI, Tolda de Castela), (concello de Lugo).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión do día 20 de novembro de 1998, aprobou o proxecto de accesos peatonais e preparación das zonas verdes no parque periurbano do Rato-A Fervedoira (obras complementarias ás do ramal de enlace da C-630 coa N-VI, Tolda de Castela) (concello de Lugo), e na sesión do 31 de maio de 1999 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 9 de maio de 2001.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 23 de xullo de 1999.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, segundo sinala a deputación, se trata protexe-lo leito e as marxes do río Rato-Fervedoira que están nunha situación de grande deterioración e inestabilidade ó seu paso polo tramo que bordea a unión da estrada provincial coa N-VI (Tolda de Castela) e a C-630, no seu punto quilométrico 0,560, e mellora-lo firme da calzada que actualmente presenta fisuras tipo mapa de crocodilo que fan o firme mais permeable ás filtracións de auga e aumentan o risco de desprendemento desta zona, que soporta unha elevada porcentaxe de tráfico pesado.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e previa deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de maio de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a

urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de accesos peonís e preparación das zonas verdes no parque periurbano do Rato-A Fervedoira (obras complementarias ás do ramal de enlace da C-630 coa N-VI, Tolda de Castela) (concello de Lugo).

Santiago de Compostela, vintecinco de maio de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais