Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.653

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 130/2001, do 18 de maio, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto da obra número 76, Plan Operativo Local 2000, estrada provincial Chantada-Os Peares á Barrela-Os Peares, alargamento e mellora, terminación do punto quilométrico 0,00 ó 3,14 (concello de Carballedo).

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada do día 26 de xuño de 2000, aprobou o proxecto

da obra nº 76, Plan Operativo Local 2000, estrada provincial Chantada-Os Peares á Barrela-Os Peares, alargamento e mellora, terminación do punto quilométrico 0,00 ó 3,14 (concello de Carballedo), e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte da Deputación Provincial de Lugo foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 7 de maio de 2001.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 28 de marzo de 2001.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala a deputación, a urxencia das obras vén dada pola necesidade de alarga-la vía provincial existente que presenta numerosas deficiencias para o tráfico rodado, e unha pavimentación e sinalización deficientes; por isto e tamén por se-la vía que dá servicio ás localidades situadas na ruta do encoro dos Peares (río Sil) e as numerosas explotacións agrícolas da zona.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de maio do dous mil un.

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto da obra nª 76, Plan Operativo Local 2000, estrada provincial Chantada-Os Peares, alargamento e mellora, terminación do punto quilométrico 0,00 ó 3,14 (concello de Carballedo).

Santiago de Compostela, dezaoito de maio do dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais