Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.652

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de maio de 2001 pola que se autoriza a modificación de ensinanzas ó centro privado Sek-Atlántico de Poio (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia do centro privado Sek-Atlántico de Poio, solicitando modificación das ensinanzas autorizadas segundo a Orde do 5 de xaneiro de 2000 (DOG do 7 de febreiro) que son as seguintes: 3 unidades de educación infantil, 6 unidades de educación primaria, 9 unidades de educación secundaria obrigatoria e 6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Segundo a solicitude presentada, o dito centro pretende ter autorizadas: 3 unidades de educación infantil, 8 unidades de educación primaria, 7 unidades de educación secundaria obrigatoria e 5 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño) polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) sobre auto

rización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la modificación de ensinanzas ó centro privado Sek-Atlántico de Poio (Pontevedra), ampliando 2 unidades de educación primaria e reducindo 2 unidades de educación secundaria obrigatoria e 1 unidade de bacharelato, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.- Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de

Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Poio.

Localidade: Poio.

Enderezo: r/ Illa de Arousa nº 4. Boa Vista.

Código do centro: 36019281.

Denominación: Sek-Atlántico.

Titular: Sek-Atlántico, S.L.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 8 unidades.

c) Centro de educación secundaria: .-7 unidades de educación secundaria obrigatoria.-5 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.