Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.650

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2001, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se fai pública a relación de centros habilitados para a incorporación de técnicos de FP2 (anexo III A da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 1 de febreiro de 2001; Diario Oficial de Galicia do 6 de febreiro) e se abre, así mesmo, o prazo de solicitudes para o concurso para a selección de novos bolseiros de FP2 conforme as bases recollidas no anexo IV B da citada orde.

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 1 de febreiro de 2001 (DOG do 6 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas de bolsas correspondentes á promoción xeral da investigación e se procede a súa convocatoria, prevé, no seu anexo III, a concesión de bolsas para persoal auxiliar de investigación (técnicos especialistas de FP2).

De acordo co establecido na base A.3 do dito anexo, desde o 16 ó 26 de abril de 2001 expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas para a selección de centros habilitados; durante ese mesmo período os interesados puideron formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola Comisión de Selección de Investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG

do 6 de febreiro), e a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de marzo de 2001 (DOG do 5 de maio).

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Investigación en relación co punto A do anexo IV da Orde do 1 de febreiro de 2001 (selección de centros habilitados), esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Habilitar para a adscrición de bolseiros especialistas de FP2 os centros que se relacionan no anexo I desta resolución; os restantes centros habilitados suplentes figuran por orden decreciente de prioridade relacionados no anexo II.

A) De conformidade co establecido no punto B.4 do anexo III da orde da convocatoria do 1 de febreiro de 2001, o prazo para que os titulados de FP2 (ou de estudios equivalentes) participen no concurso para a selección de novos bolseiros comprenderá desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ata o 16 de xullo de 2001. Na instancia de solicitude os candidatos indicarán, por orde de preferencia, os códigos dos centros ós que desexen optar no caso de obtención de bolsa; os bolseiros poderán optar a todos aqueles centros titulares (anexo I desta resolución) e ós que figuren na lista de suplentes (anexo II desta resolución).

As solicitudes deberán axustarse ás bases da convocatoria establecidas no anexo III letra B, da citada Orde do 1 de febreiro de 2001.

B) O prazo de exposición das listas de solicitudes admitidas e excluídas, previsto na base B.5 da convocatoria, abarcará desde o 4 ó 14 de setembro de 2001 (ambos incluídos), podendo os interesados, durante o mesmo período, formular reclamacións para emendar erros e faltas de documentos ante a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, aportando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, procederase ó arquivo do expediente, notificándollo ó interesado conforme o previsto nos artigos 42 e 71 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola que se modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

P.D. (Orde 1-2-2001, DOG do 6 de febreiro)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento