Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.644

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

BISPADO MONDOÑEDO-FERROL. VICARÍA XERAL

ANUNCIO.

Estando clausurado desde maio de 1985, para efectos de enterramentos, o vello cemiterio parroquial de San Xoán de Covas (Viveiro) e estando en proxecto a clausura definitiva, sométese a información pública por un período de tres meses para que se proceda á derradeira limpeza, retirando os restos que puidese haber e para que as familias dos inhumados poidan adopta-las medidas que o ordenamento xurídico lles permita e que estimen oportunas.

Mondoñedo, 26 de abril de 2001.

Félix Villares Mouteira

Vicario xeral