Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio desta resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Clasificación

esixida

Conservación anual de vías provinciais zona Antas de Ulla-Monterroso-Palas de Rei-Guntín-O Páramo-Paradela e Portomarín45.500.000Grupo G)

Subgrupo 6)

Categoría c)

Conservación anual de vías provinciais en Friol-Guntín-Lugo-Palas de Rei41.000.000Grupo G)

Subgrupo 6)

Categoría c)

Conservación anual de vías provinciais en Vilalba e Xermade33.000.000Grupo G)

Subgrupo 6)

Categoría c)

Conservación anual de vías provinciais zona de Carballedo-Chantada e Taboada46.000.000Grupo G)

Subgrupo 6)

Categoría c)

Conservación anual de vías provinciais en Bengonte-Friol-Guitiriz-Lugo-Outeiro de Rei-Rábade50.000.000Grupo G)

Subgrupo 6)

Categoría c)

Conservación anual de vías provinciais en Muras-O Vicedo-Viveiro-Ourol e Xove56.770.661Grupo G)

Subgrupo 6)

Categoría c)

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

1º Entidade: deputación.

2º Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3º Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado.

f) A verificación de suficiencia de poderes tarase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: deputación.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 1 de xuño de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

BISPADO MONDOÑEDO-FERROL VICARÍA XERAL