Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por poxa aberta da execución das obras do proxecto de reparación xeral de beirarrúas do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 31734/250.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de reparación xeral de beirarrúas do concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 55.506.988 pesetas (333.603,71

euros).

5. Garantías: provisionais: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; Praza do Rei, s/n, 36203 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría c.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a exisida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 30 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde