Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.644

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE LUGO

POXA pública de armas.

Resolución da Comandancia da Garda Civil de Lugo pola que se anuncia poxa de armas.

Ás 9.30 horas do vindeiro día 23 de xuño terá lugar, no cuartel da Garda Civil de Lugo a poxa de armas composta por 301 escopetas, 13 carabinas, 9 rifles e 59 armas curtas, que serán expuestos ó público os días 18, 19, 20, 21 e 22 de xuño, das 9.30 ás 13.30 horas, momento no que lle será entregado ó público o correspondente prego de condicións. A poxa será a prego pechado e o prazo de admisión de pregos rematará ás 13.30 horas do día 22.

Lugo, 14 de maio de 2001.

José Herrera García-Lora

Tenente coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo