Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

EDICTO.

Por acordo da Comisión de Goberno do Concello de Paradela con data do 10 de maio de 2001, anúnciase concurso, procedemento aberto, tramitación urxente, para a contratación das obras de acondicionamento, reparación e mellora de camiños rurais de Cerxedo, Zouro, A Seara e Carballedo, nº 64/01, correspondente ó POS 2001.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 13/5/01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acondicionamento, reparación e mellora de camiños rurais de Cerxedo, Zouro, A Seara e Carballedo, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas, Manuel Vázquez González, colexiado nº 5475.

b) Lugar de execución: (Paradela).

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: doce millóns novecentas sesenta mil pesetas (12.960.000), IVE incluído.

5. Garantías.

-Provisional: 2% do orzamento de contrata.

-Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación.

a) Entidade: Concello de Paradela.

b) Domicilio: avda. Xeneralísimo, s/n.

c) Localidade: Paradela-CP 27611.

d) Teléfono: 982 54 11 01-982 54 11 96.

e) Fax: 982 54 12 32-982 54 12 07.

f) Data límite de obtención de información e documentación: o décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP e DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite: o décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP e DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación, tendo que ser utilizado como modelo de proposición o que figura como anexo no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Paradela, de 9 a 14.30 horas.

d) Vinculación da oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura de proposicións: no salón de plenos da Casa do Concello de Paradela ás 12 horas do seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións (agás sábados).

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Paradela, 11 de maio de 2001.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde-presidente