Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e vía de urxencia, para a contratación de asistencia técnica.

Obxecto: asistencia técnica para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e cartografía

1/2000 de núcleos de poboación do concello de Ortigueira.

Orzamento: 32.157.576 pesetas (193.270,92 euros).

Información: Secretaría Municipal-oficinas xerais.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación, ata as 14 horas dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 1 de xuño de 2001.

Antonio Campo Fernández

Alcalde