Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

c) Número de expediente: 87/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: deseño, producción, montaxe e realización do espectáculo nocturno das festas patronais 2001 da cidade de Santiago de Compostela.

b) Lugar de execución: praza do Obradoiro e a escalinata do Campus Sur (Alameda).

c) Prazo de execución: os días 24 e 31 de xullo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 25.000.000 de pesetas (150.253,03 euros), incluído IVE.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, 19-21, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación), pr. Obradoiro, 1, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 23 75 e fax: 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 15 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP da Coruña e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupos, subgrupos e categoría): non se esixe.

b) Outros requisitos: o adxudicatario deberá subscribi-la correspondente póliza de responsabilidade civil polos danos e perdas que puidesen derivar das instalacións necesarias para a execución do espectáculo e demais actividades comprendidas no obxecto do contrato.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trindade, 1 (Pavillón da Trindade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (Secretaría).

b) Domicilio: praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 15 do prego de condicións.

Así mesmo, exponse ó público o prego que rexe a licitación durante o prazo de 8 días no Negociado de Contratación, para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.

P.D.

Luis Toxo

Tenente de alcalde