Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.621

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Concepción Sánchez Lavandeira.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso 97/2001 (procedemento abreviado), interposto por Concepción Sánchez Lavandeira na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999).

A recorrente, aspirante da categoría de auxiliar de enfermería, pretende a valoración na fase de concurso dos servicios prestados na Residencia Asistida da Terceira Idade de Oleiros, coa súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan constituírse en parte no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos