Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

CONCURSO con procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Melide.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción de beirarrúas e rede de saneamento na Travesía do Ribeiro-Construcción de beirarrúas na rúa Rosalía de Castro.

b) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso. Os criterios de adxudicación e de valoración serán os da Deputación Provincial da Coruña, contidos na cláusula 15.3.3 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerán para a contratación mediante concurso con procedemento aberto das obras comprendidas nos plans provinciais, aprobado polo pleno da corporación provincial en sesión celebrada o 30 de marzo de 2001 e publicado no BOP número 78, do 4 de abril de 2001.

4. Orzamento base de licitación.

11.601.883 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Melide.

b) Enderezo: praza do Convento, número 5.

c) Localidade e código postal: Melide, 15800 (A Coruña).

d) Teléfono: 981 50 50 03.

e) Fax. 981 50 62 03.

f) Correo electrónico: josecarmelo.sanchez*melide.dicoruna.es.

g) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación.

Non se esixe.

8. Presentación de proposións.

a) Prazo: trece días naturais (13), contados a partir da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, rematando, para a presentación nas oficinas municipales, ás 14 horas.

b) Documentación necesaria: a sinalada na cláusula 12 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerán para a contratación mediante concurso con procedemento aberto das obras comprendidas nos plans provinciais.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da entrada de documentos do Concello de Melide.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de Melide.

b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. Se este fose sábado, sería o luns seguinte.

c) Hora: ás 18.30 hroas.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos de publicación de tódolos anuncios serán da conta do adxudicatario.

Melide, 2 de maio de 2001.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde