Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración dun tractor-pa-brozadora e remolque.

b) Lugar de entrega: praza de Galicia nº 1, Monterroso.

c) Prazo de entrega: un mes desde a adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 9.100.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 182.000.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

Concello de Monterroso: praza de Galicia, 1. Código postal: 27560 Monterroso (Lugo). Teléfono: 983 37 70 01.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados na base 11ª do prego de condicións económico-administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres pechados.

Sobre A, subtitulado Proposición económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura na base 23ª do prego. Neste sobre incluirase, ademais, a documentación que se establece na cláusula 11.2.a) do prego.

Sobre B, subtitulado Documentos xerais, conterá a documentación á que se refire a cláusula 11.2.b) do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Monterroso, praza de Galicia nº 1, 27560 Monterroso (Lugo).

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

c) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, respectando en todo caso a configuración técnica que se establece no prego de prescricións técnicas.

d) Criterios de adxudicacion: o baremo que se vai aplicar é o establecido na cláusula 13ª do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Monterroso, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen, así como os que se sinalan nas base 16ª.

Monterroso, 30 de maio de 2001.

Antonio E. Gato Soengas

Alcalde-presidente