1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.
b) Número de expediente: S2001/46.
2. Obxecto do contrato: vehículos por lotes con destino á policía local.
b) Prazo de entrega: fixarano os licitadores nas súas ofertas, sen que en ningún caso poida ser superior a 30 días contados desde a notificación de adxudicación.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: véxase punto 1.
b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º.
c) Localidade: 15001 A Coruña.
d) Teléfono: 981 18 42 19.
e) Fax: 981 18 42 71.
f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es.
g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:
a) Lugar: véxase punto 6.
b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 25 de maio de 2001.
O alcalde
P.D.
Asinado