Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación de Empresas de Seguridade de Galicia (Aesga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Eladio Pérez Rodríguez, na que se recollen os acordos acadados na asemblea xeral ordinaria na xuntanza celebrada en Santiago de Compostela o día 16 de marzo de 2001, e que se concretan nunha nova redacción dos estatutos.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais