Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Xóvenes Agricultores.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 17 de abril de 2001, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Juan Luis Pérez Miramontes, avalada co visto e prace do presidente, Ramón Saavedra Mazariegos, na que se reflicte o acordo acadado polo comité executivo, na reunión do día 11 de abril de 2001, consistente no cambio do domicilio social da asociación, que queda fixado na avenida de Lugo, 217 baixo, Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais