Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Academias de Peluquería y Estética (AGAPE).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Academias de Peluquería y Estética (AGAPE), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas empresas, persoas físicas ou xurídicas, que se dediquen á actividade de formación profesional de perruquería e estética.

Asinan a acta de constitución: Elsa Rodríguez Soto, en representación da entidade Academia de Peluquería y Estética Elsa, S.L., e dúas persoas máis representando outras tantas entidades.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director Xeral de Relacións Laborais