Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras II D e E. (Expediente 2/1996-5/1996).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Eurovento, S.L. Unipersonal, con domicilio para efectos de notificacións en Rúa de Varsovia 4º C-5ª planta, 15707 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Paxareiras II D e E; resultan os seguintes

Antecedentesa de feito.

Primeiro.-O 5 de decembro de 1996, Cristina Guillén Blecua, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Paxareiras II E, de 13,8 MW achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O 10 de xullo de 1997, Guillermo Briones Godino, en nome e representación de Eurovento, S.L. Unipersonal solicitou a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Paxareiras II D, de 23,4 MW achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de

xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-O 23 e 25 de novembro de 1998, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais dos parques eólicos Paxareiras II E e Paxareiras II D, respectivamente.

Cuarto.-O 23-12-1999, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación da empresa Eurovento, S.L. (unipersoal), solicitou a declaración de utilidade pública, do parque eólico denominado Paxareiras II E de 13,8 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto.-O proxecto do parque eólico Paxareiras II E, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados, someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 20-1-2000, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966 e 2619/1966, xa mencionados, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 1-2-2000, BOP da Coruña do 12-2-2000, EL Ideal Gallego do 27-1-2000 e La Voz de Galicia do 28-1-2000, e no taboleiro de anuncios do Concello de Dumbría e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Sexto.-O 2 de febreiro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, do parque eólico Paxareiras II E.

Sétimo.-O 2 de febreiro de 2000, a Dirección Xeral de Industria resolveu autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución do parque eólico Paxareiras II D.

Oitavo.-O 6-3-2000, José Manuel Pazo Paniagua, en nome e representación da empresa Eurovento, S.L. (unipersoal), solicitou a declaración de utilidade pública, do parque eólico denominado Paxareiras II D de 23,4 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en vigor en virtude do disposto na disposición transitoria décima primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Noveno.-O proxecto do parque eólico Paxareiras II D, coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 24-3-2000, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966 e 2619/1966, xa mencionados, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 citado. A resolución publicouse nos seguintes medios: DOG do 7-4-2000, BOP da Coruña do 19-4-2000, o BOE do 17-4-2000, La Voz de Galicia, do 7-4-2000 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Cee e Dumbría e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Décimo.-Con data 11-9-2000, o Concello de Dumbría interpón recurso de alzada en contra das resolucións da Dirección Xeral de Industria, polas que autorizan as instalacións electromecánicas e se aproban os proxectos de execución dos parques eólicos de Paxareiras II-D e II-E. Os ditos recursos foron desestimados por resolución da Consellería de Industria e Comercio de data 5-9-2000, no que respecta ó parque eólico de Paxareiras II-E, e por resolución de data 6-9-2000, no referente ó parque eólico de Paxareiras II-D.

Décimo primeiro.-O 11 de decembro de 2000, a Dirección Xeral de Industria autorizou a unificación dos parques eólicos Paxareiras II-D e Paxareiras II-E, que se denomina Paxareiras II-D e E, aprobando o proxecto de execución reformado e refundido, co fin de diminuí-la afección de terreos, e reduci-la infraestructura necesaria para a instalación, minimizando así a afección ambiental. As

características técnicas do proxecto unificado son as seguintes:

Ubicación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipio Vértices

Paxareiras II-D-EDumbríaXY

0.489.5004.757.500

0.491.2004.756.500

0.491.5004.752.500

0.489.3004.751.200

0.487.2004.756.000

0.489.5004.757.500

Características técnicas do proxecto:

Nº de aeroxeradores: 58.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 34,8 MW.

Producción anual estimada: 99,7 GWh/ano.

Investimento previsto: 5.587.587.643 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

24 transformadores de 0,690/30 kV, de potencia unitaria 2.000 kVA, instalados en edificios prefabricados de formigón, coa súa correspondente infraestructura soterrada de evacuación de enerxía.

Unha subestación transformadora 30/66 kV para evacuación de enerxía eléctrica producida no parque eólico de Paxareiras-II-D-E, composta por un transformador 30/66 kV de 40/50 MVA Onan Onaf de potencia e transformador de servicios auxiliares 30/0,4 kV de potencia unitaria 50 kVA cos correspondentes equipos de medida, manobra e protección.

Décimo segundo.-Durante o período de información pública, presentáronse as seguintes alegacións :

Contra o parque eólico Paxareiras II-E

Ramira Franco Lado e 23 titulares máis de predios afectados polo parque eólico manifestan o seguinte:

a) Que a promotora en Corme e Zas cometeu irregularidades na execución da instalación.

b) A instalación do parque suporía un prexuízo económico para os propietarios debido a que algunhas das zonas afectadas se encontren en fase de repoboación forestal, polo que estarían dispostos a subscribir contratos en réxime de arrendamentos, manifestando posteriormente, que non existiu por parte da empresa beneficiaria vontade de negociación dos ditos contratos.

c) Por último, que a beneficiaria accedeu a predios privados, sen permiso previo, co obxecto de cravar sinais e marcos.

Contra parque eólico Paxareiras II-D.

1. José Antonio Romero Lestón, José Antonio Martínez Martínez, José Ramón Ramos Lema manifestan que a utilidade pública das instalacións non está acreditada, que o parcelario achegado pola promotora non se corresponde coa realidade e que as ocu

pacións proxectadas exceden as realmente necesarias para a instalación do parque eólico.

2. Manuel Carreira Santabaya, Constantino Carreira Antelo e Francisco Túñez Castro manifestan a falta de vontade de negociación cos afectados por parte da empresa promotora, para os efectos prexudiciais, ruídos e campos electromagnéticos que a instalación podería causar nos veciños, así como que a existencia de erros na titularidade e configuración dos predios.

3. O Concello de Dumbría manifesta a súa oposición ó estudio de efectos ambientais e ó proxecto sectorial do parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, cabe dicir que:

1. Con respecto ás alegacións presentadas por Ramira Franco Lado e 23 titulares máis contra o parque eólico Paxareiras II-E:

-A beneficiaria non é a promotora dos parques eólicos de Corme e Zas.

-Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non seren obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración a fase de prezo xusto.

-Con respecto á posibilidade de chegar a acordos baixo a fórmula de arrendamentos, temos que dicir que ningunha lexislación obriga a realizar contratos de arrendamento.

-A empresa afirma que non levou a cabo en ningún momento actos posesorios da propiedade dos afectados.

2. Con respecto ás alegacións presentadas contra o parque eólico Paxareiras II-D:

a) En relación coa alegacións presentadas por José Antonio Romero Lestón, José Antonio Martínez Martínez e Don José Ramón Ramos cabe manifesta-lo seguinte:

-O artigo 52 da Lei 54/1997, reguladora do sector eléctrico declara de utilidade públicas as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribu

ción de enerxía, cos efectos que se determinan no artigo 54 da mesma norma.

-Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes, así como na natureza dos terreos afectados estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación e incluiranse na correspondente folla de aprecio.

-Por último, hai que sinalar que as ocupacións solicitadas son as estrictamente necesarias para a instalación do parque eólico, de acordo co contido do seu proxecto.

b) En relación coas alegacións presentadas por Manuel Carreira Santabaya, Constantino Carreira Antelo e Francisco Túñez Castro cabe dici-lo seguinte:

-A empresa afirma que estivo negociando e intentando acordos amigables de compravenda cos propietarios desde hai máis dun ano a través dunha empresa subcontratada para tal efecto, denominada GECOTOP e do propio persoal da beneficiaria. Con respecto á posibilidade de chegar a acordos baixo a fórmula de arrendamentos, a beneficiaria afirma a imposibilidade de contemplar este tipo de contratos como consecuencia do elevado número de propietarios e a escasa contía de metros cadrados ocupados polas instalacións en cada parcela ou predio.

-Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que será no levantamento de actas, acto que será convenientemente notificado, o momento no que pode demostra-la súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

c) En relación coas alegacións presentadas polo Concello de Dumbría, cabe dici-lo seguinte:

-As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e contempladas na declaración de impacto ambiental do citado parque.

-As alegacións contra o proxecto sectorial foron remitidas a urbanismo, e os citados proxectos sectoriais, Paxareiras II D e Paxareiras II E, foron aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 22-6-2000 e do 19-5-2000 respectivamente.

Cumpridos os trámites establecidos nos artigos 9, 10 e 11 do Decreto 2619/1966 que aproba o regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sanción en materia das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruído para o efecto.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Paxareiras II-D e E, no Concello de Dumbría (A Coruña), o que leva implí

cita a necesidade de ocupación dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio