Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.554

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

CÉDULA de notificación de sentencia (937/2000).

Procedemento de menor contía MNC 937/2000, do Banco Pastor, S.A. contra José Manuel Araújo Álvarez Renault Financiaciones, S.A.

Nos autos da referencia dictouse a resolución que no encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Sentencia: 72/2001.

Procedemento: xuízo menor contía: terceira de mellor dereito número 937/2000.

En Vigo o dous de abril do ano dous mil un.

Francisco-Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz de primera instancia número dez de Vigo e o seu partido, vendo os presentes autos de xuízo de menor contía, número 937/2000 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante Banco Pastor, S.A., representado polo procurador José Antonio Fandiño Carnero, e dirixido polo letrado Elías Barros Estévez; e doutra como demandatos José-Manuel Araújo Álvarez, con DNI nº 35.994.509-S, que tivo o seu domicilio na r/ Cordoeira, nº 17-1º I de Vigo, actualmente en paradoiro descoñecido e que segue na situación legal de rebeldía que mantiña no xuízo executivo; e contra a entidade Renault Financiaciones, S.A., representada polo procurador Andrés Gallego Martín-Esperanza, e dirixida polo letrado Alfredo Solana López, sobre tercería de mellor dereito, e seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda deducida polo procurador José Antonio Fandiño Carnero, en nome e representación de Banco Pastor, S.A., contra a entidade Renault Financiaciones, S.A. representada, pola súa vez, polo procurador Andrés Gallego Martín Esperanza e contra José Manuel Araújo Álvarez, sen facer expresa imposición das custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se interporá por escrito ante este xulgado no termo de cinco días.

Así, por esta a miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Francisco-Javier Romero Costas. Asinado e rubricado.

E para que sirva de cédula de notificación ó demandado José Manuel Araújo Álvarez, que se atopa en paradoiro ignorado, expido e asino a presente cédula en Vigo o vintetrés de abril de dous mil un.

O secretario

Rubricado