Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de maio de 2001 , do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Cruceiro Ulla, S.L. e outro máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio, fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o/s debedor/es que se sinala/n na lista que se xunta. No/s devandito/s expedientes dictouse a dilixencia de embargo sobre o/s ben/s que aparece/n como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ó/s interesado/s malia ós intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Deste embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 3 de maio de 2001.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Curceiro Ulla, S.L.

NIF: B15098593.

Data dilixencia: 20-4-2001.

Descrición do ben: predio nº 8586 Reg. Prop. nº 1 de Santiago de Compostela.

Interesado: Lorellan Transportes, S.L.

NIF: B15440555.

Data dilixencia: 10-4-2001.

Descrición do ben: vehículo C-6474-BC Volkswagen CAPI LT 28.