Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.544

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de maio de 2001 pola que se convoca concurso de méritos específico entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, para a atención e desenvolvemento do proxecto do Sistema de Información da Educación Galega (Siega).

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por funcionarios públicos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, dispón, no seo artigo 5, que se cubrirán en réxime de comisión de servicios, por concurso de méritos específicos entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios, aquelas prazas que segundo as previsións contidas no artigo 59 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, teñan por obxecto fomenta-la investigación, favorece-las elaboracións de proxectos que inclúan innovacións curriculares, metodolóxicas, tecnolóxicas, didácticas e de organización de centros docentes.

Na súa virtude, e sobre a base da autorización expresa que figura na disposición derradeira primeira dese decreto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Convocar concurso de méritos especifíco entre funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios.

Segundo.-As prazas que se ofertan neste concurso son as que figuran no anexo I desta orde.

Terceiro.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas en niveis non universitarios con destino actual na Comunidade Autónoma de Galicia, que conten alomenos con tres anos de servicio como docentes e que xustifiquen os requisitos esixidos para cada posto e estean en posesión do título de perfeccionamento en lingua galega.

Cuarto.-O prazo de presentación de instancias, que serán dirixidas ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, será de 20 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-As prazas, requisitos e funcións que ten que desenvolve-lo persoal seleccionado son as que se indican no anexo I, así como aqueloutras que se poidan establecer en función do desenvolvemento das actividades dos servicios a que resulten adscritos.

Sexto.-Solicitudes e documentación.

1. Solicitudes.

a) Os interesados en participar nesta convocatoria deberán presenta-la súa solicitude mediante instancia axustada ó modelo que se publica no anexo III desta orde.

b) A instancia, así como a documentación correspondente, poderá presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos de San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais da consellería ou en calquera das dependencias que sinala o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dirixiranse ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

No caso de que se presentase a solicitude nunha oficina de correos, farase en sobre aberto, para que sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

2. Xuntarase a seguinte documentación.

a) Folla de alegación de méritos e autobaremación, axustada ó modelo que se atopará á disposición dos interesados nas delegacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Documentación á que se refire o anexo IV desta convocatoria, para acreditar tódolos servicios e méritos alegados, así como unha relación numerada, datada e asinada dos documentos presentados seguindo a orde que aparece no citado anexo. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.

c) Proxecto de traballo, referido ás funcións que ten que realizar, cunha extensión máxima de 20 folios.

Sétimo.-Comisión de selección.

1. Este concurso será resolto por unha comisión de selección formada polos seguintes membros:

-Presidente:

O secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou persoa en quen delegue, en función dos distintos postos que se van cubrir.

-Vocais:

O subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

Tres xefes de servicio ou de área.

-Secretario:

Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que actuará con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da comisión, con voz e sen voto. Coa debida antelación, o nome do representante seralle comunicado ó presidente da comisión de selección.

2. A comisión poderá dispoñe-la constitución dunha subcomisión técnica especializada para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes. Cada un dos sindicatos da mesa sectorial docente poderá nomear un representante para a asistencia ás sesións da subcomisión, con voz e sen voto.

3. Os membros da comisión e da subcomisión estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), estando cualificadas na categoría primeira.

Oitavo.-Proceso de selección.

O proceso de selección constará de dúas fases. Unha primeira na que se valorarán os meritos alegados e o proxecto presentado, e unha segunda na que se poderá realizar unha entrevista ós aspirantes que superen a primeira fase.

Noveno.-Primeira fase de selección.

a) A comisión fará públicas as puntuacións provisionais asignadas a cada un dos aspirantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo II. Estas listas publicaranse nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Os aspirantes poderán presenta-las alegacións que consideren convenientes contra a lista provisional, dirixidas ó presidente da comisión de selección, no prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da súa publicación, por calquera dos procedementos recollidos no punto sexto 1.b) desta orde.

c) Unha vez estudiadas e resoltas as alegacións presentadas, a comisión publicará a lista definitiva das puntuacións nos epígrafes de méritos e proxecto de traballo, nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo.-Segunda fase de selección.

a) Tódolos aspirantes que obteñan unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto poderán ser convocados pola comisión de selección á realización dunha entrevista para mellor aprecia-las circunstancias que concorren neles, e que versará sobre o proxecto presentado.

b) Os aspirantes que non acaden unha puntuación mínima de 4 puntos no proxecto e de 4 puntos na entrevista, se é o caso, non poderán ser propostos pola comisión. Serán seleccionados aqueles aspirantes que, obtendo as puntuacións mínimas sinaladas, acaden as maiores puntuacións no total dos epígrafes contidos no baremo establecido no anexo II, para a praza que solicitan.

c) No caso de producirse empates no total de puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nos epígrafes 6, 2.1, 1 e 5 do baremo.

Décimo primeiro.-Proposta de nomeamento.

1. A relación provisional dos concursantes seleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Establecerase un prazo de dez días naturais para que os interesados poidan efectua-las posibles reclamacións ou renuncias ás prazas adxudicadas provisionalmente.

2. Unha vez resoltas as reclamacións, admitidas as posibles renuncias e superado un proceso de formación por parte dos seleccionados, a comisión remitiralle

ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución desta convocatoria, xunto coa acta definitiva coa expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final das persoas seleccionadas, con mención do posto que se adxudicará a cada unha delas.

Décimo segundo.-Resolución da convocatoria.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no DOG a resolución definitiva do concurso.

Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

2. Os funcionarios e funcionarias docentes que resulten seleccionados por esta convocatoria quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir da data que se indique na resolución definitiva, e permanecerán neles en réxime de comisión de servicios, con reserva de posto de traballo de orixe, por un período dun ano, renovable ano a ano ata un máximo de seis, establecéndose un proceso de avaliación do exercicio da súa actividade que, no caso de ser positiva, determinará a súa continuidade.

3. De non publicarse a resolución definitiva no prazo de seis meses desde esta convocatoria, as solicitudes presentadas entenderanse desestimadas.

Décimo terceiro.-Devolución da documentación presentada.

Os interesados ou os seus representantes legais poderán retira-la documentación presentada para acredita-los méritos alegados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de trinta días, pasado un mes desde a publicación no DOG da resolución definitiva do concurso.

Décimo cuarto.-Retribucións.

Para efectos de retribucións, en concepto de complemento específico, os funcionarios docentes que resulten seleccionados poderán percibi-lo complemento específico que se determine, segundo o establecido no anexo IV.2º dous da Orde do 18 de xaneiro de 2001 (DOG do 23), pola que se dictan instruccións para a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 2001.

Disposición derradeira

Autorízanse a Secretaría Xeral e a Dirección Xeral de Persoal para dicta-las disposicións que sexan necesarias para a aplicación e o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación da prazaNº de

prazas

RequirimentosDestinoFuncións

Apoio ós servicios educativos para desenvolver baixo o proxecto Siega.7Amplo coñecemento de ferramentas informáticas de desenvolvemento e explotación e de sistemas informáticos e de comunicacións.Secretaría xeralAsesoramento nos servicios educativos e multimedia para ofertar á comunidade educativa baixo o proxecto Siega.

Apoio á análise, deseño e xestión das bases de datos educativas do proxecto Siega.1Titulado de enxeñería técnica ou superior en informática.

Experiencia na elaboración de programas ou deseños curriculares nas áreas de tecnoloxía ou informática.

Secretaría xeralApoio á análise, deseño e xestión das bases de datos educativas que se encadren dentro do proxecto Siega.

Supervisión e seguimento dos proxectos de software educativo para desenvolver no marco de Siega.

Participación na elaboración de programas e deseños curriculares dentro do marco da aplicación das novas tecnoloxías da información á educación.

Apoio á implantación das novas tecnoloxías da información na educación segundo o proxecto Siega.1Profesor de ensino secundario da especialidade de informática, ou profesor técnico de FP da especialidade de aplicacións e sistemas informáticos.Secretaría xeralParticipar na elaboración de materiais didácticos de apoio ó proceso de implantación das novas tecnoloxías da información na educación segundo Siega.

Asesoramento na selección dos programas de formación axeitados para cubri-las necesidades de adestramento nos distintos servicios de Siega.

Apoio á xestión académica e as novas tecnoloxías para a educación baixo o proxecto Siega.1Profesor de ensino secundario con experiencia na xestión académica e nos contidos educativos, programas e materiais curriculares propios do ensino secundario.Secretaría xeralApoio para a xestión académica dos centros educativos asesorando na análise e melloras funcionais que se van introducir no marco do Siega.

Asesoramento nos contidos educativos, programas e materiais curriculares propios do ensino secundario para incluír en Siega.

Asesoramento nas funcións, métodos e procedementos para seguir pola unidade de atención a centros (UAC) dentro do proxecto Siega.

Apoio ós centros docentes na implantación das novas tecnoloxías e servicios educativos segundo o proxecto Siega.19Coñecementos das tecnoloxías informáticas e de comunicacións no nivel de usuario avanzado incluíndo, entre outras, a capacidade de instalar e configurar equipos informáticos en rede e os seus dispositivos e periféricos.

Coñecemento de ferramentas ofimáticas incluíndo a súa instalación.

Coñecemento das ferramentas e tecnoloxías empregadas na Internet e as súas posibilidades de utilización no contorno educativo.

Secretaría xeral (situados fisicamente en cada unha das 19 seccións dos CFR) da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

A Coruña: Betanzos, Carballo, Cee, Melide, Noia, Ortigueira, A Pobra do Caramiñal, Pontedeume.

Lugo: Burela, Monforte de Lemos.

Ourense: O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Verín.

Pontevedra: Cangas, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Tui, Vilagarcía de Arousa.

Soporte in situ e asesoramento na instalación, utilización dos servicios educativos para ofertar ós centros educativos baixo o proxecto Siega.

Soporte técnico in situ á infraestructura informática e de comunicacións, solucionando as incidencias dos centros docentes da súa zona en coordinación coa unidade de atención a centros (UAC).

Apoio e atención ós centros docentes da súa zona con relación a calquera aplicación de informática corporativa (bibliotecas, xestión económica, inventarios...) para implantar neses centros dentro do proxecto Siega.

Asesoramento sobre as necesidades de formación do persoal dos centros docentes en relación cos servicios educativos ofertados dentro do marco do Siega.

ANEXO II

ConceptosPuntuaciónTotal puntos máximoDocumentos xustificativos

1. Antigüidade:

Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira dun corpo docente

0,50 puntos3 puntos

2. Méritos académicos:

2.1. Polo título de doutor

2.2. Titulacións de segundo ciclo: por cada licenciatura, enxeñería, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes

2.3. Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda diplomatura ou os 3 primeiros cursos dunha licenciatura

1 punto

0,5 puntos

0,25 puntos

2 puntosCopia compulsada das titulacións alegadas.

3. Formación e perfeccionamento:

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións citadas, así como os organizados polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de cursos superados acreditados).

3.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa, incluída a impartición de cursos

3.3. Por actividades de formación específica, directamente relacionadas co posto ó que se pretende acceder

Ata 2 puntos

Ata 1 punto

Ata 3 puntos

6 puntosCopia compulsada da documentación alegada.

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas:

4.1. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, de carácter xeral

4.2. Por publicacións de carácter didáctico ou científico, proxectos e innovacións técnicas, relacionadas coa praza que se solicita

(Deberán conte-lo ISBN, coas excepcións recollidas na lexislación vixente).

Ata 1 punto

Ata 2 puntos

3 puntosDocumentación orixinal.

5. Por cada ano de servicio en postos das mesmas características que o que se solicita0,20 puntos2 puntosCertificación de servicios ou nomeamento.

6. Proxecto de traballo:

O proxecto de traballo deberá conte-los obxectivos, planificación xeral, actividades, xustificación e definición á que corresponde a praza que se solicita

(puntuación mínima esixida por este epígrafe: 4 puntos).

Ata 6 puntosAta 6 puntosOrixinal, cunha extensión máxima de 20 folios.

7. Entrevista sobre o proxecto presentado.

(Puntuación mínima esixida por este epígrafe: 4 puntos).

Ata 6 puntosAta 6 puntos

ConceptoPuntuacións

parciais

Total

1. Antigüidade.

(Máximo 3 puntos).

Por cada ano de funcionario de carreira no corpo docente

0,50

2. Méritos académicos.

(Máximo 2 puntos).

2.1. Polo título de doutor

1

2.2. Titulacións segundo ciclo0,5

2.3. Titulacións primeiro ciclo0,25

3. Formación e perfeccionamento.

(Máximo 6 puntos).

3.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos, organizados polas administracións educativas...(0,10 puntos por c/10 horas)

Ata 2 puntos

3.2. Por outras actividades de formaciónAta 1 punto

3.3. Por actividades de formación específica directamente relacionadas co posto que se solicitaAta 3 puntos

4. Publicacións, proxectos, innovacións técnicas.

(Máximo 3 puntos).

4.1. Por publicacións de carácter didáctico, de carácter xeral

Ata 1 punto

4.2. Por publicacións de carácter didáctico relacionadas co posto que solicitaAta 2 puntos

5. Servicios relacionados co posto.

(Máximo 2 puntos).

Por cada ano de servicio en postos da Administración educativa, relacionados coas funcións do posto que solicita

0,20